BOS
DIAS COMPAÑEIROS!! XA TEÑO A MIÑA ELECCIÓN! FICADE LENDO XA QUE ESTOU SEGURO DE QUE AXIÑA IDES PENSAR
QUE ESTA É A ELECCIÓN CORRECTA.
Amor? Qué é o amor? O diccionario o define como sentimento de vivo
afecto e inclinación a prol dunha persoa ou cousa a que se lle desexa todo o
bo. Certo! O amor é un deses valores que todos coñecemos, que nos acompaña
desde que nacemos, vai grabado en nos a fogo, non precisa explicación, vivir implica amor, ata a nosa morte implica amor. Este libro fala disto, de
amor, deste valor que todo mundo posee e ninguén quere perder. “O único que
queda é o amor” é una obra de amor, dende a xuventude ata a morte, una porta
que hai abrir nos nosos nenos e que deben recoñecer. Nenos vigueses como o seu
autor, Agustín Fernández Paz, que recibiu o premio nacional de literatura por
esta obra,e nos da unha referencia da calidade da mesma, danos outro motivo
para escoller este libro como lectura para os nosos rapaces. Nós, os mestres, somos os responsables de non deixar que os nosos rapaces esquezan os autores
galegos que ocupan un recuncho importante na literatura. Agustín e “O único que
queda é o amor” representan una boa elección para que os rapaces aproxímense a unha
lectura mais xuvenil de calidade representando valores galegos. O libro podedelo atopar en galego e en castelán se fose necesario. Ademáis dispoñedes de algunas das súas historias libre por internet.
Apunto o resumo de dúas historias que os gustarán e algúns datos deste autor vigués que traballou en prol do galego e a literatura.
Loanza da filatelia: un home colecciona caixas de mistos, mais, cando morre, a muller quéimaas nun inverno frío e con elas un diamante que unha gardaba e que el lle ía regalar ao cumprir 25 anos de casados.
Amor de agosto: moitos anos despois, un home, que de mozo se bicou cunha rapaza nunha carballeira, e tivo que emigar cando se enteirou o pai e o despediu do traballo, vai queimar as cartas dela, rompendo así definitivamente o rito de visitar a vila do seu amor adolescente, que mantivo malia que había anos que os dous tiñan xa parella.
Agustín Fernández Paz: Perito Industrial Mecánico, Mestre de Ensino Primario e Licenciado en Ciencias da Educación, exerceu de profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Os Rosais 2 en Vigo. Foi membro fundador dos colectivos Avantar e
Nova Escola Galega e participou na elaboración de numerosos
materiais didácticos como as series Nobelos de Papel (para o ensino globalizado en galego no Ciclo
Inicial). Así mesmo é autor de numerosos traballos sobre a normalización
lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.