Él, non entende por que no lle pode chamar Down no lugar de Guille, si ó seu curmán gústalle máis o outro nome. Non comprende por que é chinés, e por que os adultos escandalízanse se non o chama polo seu nome.
É un libro que trata un tema de sociedade (como é a integración dos nenos con síndrome de Dawn) dunha forma entrañable, dende a visión dun neno de 7/8 anos.
É unha narración recomendada para nenos de a partir dos 8 anos.
AN ALFAYA, coñecida con ese nome, aínda que o seu nome completo é María de los Ángeles Alfaya Bernárdez. Naceu en Vigo o 2 de marzo de 1964. Estudou Maxisterio nas Escola de Formación do Profesorado e Criminoloxía na Universidade Complutense de Madrid.
É unha escritora ligada tamén ó teatro, e participou na Fundacón do Teatro Avento de Vigo.
Recibiu diversos premios, nos que destacan, o Premio Merlín en 1997, o Premio Xosé Neira Vilas en 2006 e o Premio Lueiro Rey no ano 2008.

ANÍMOSVO A LELO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.