Queres coñecer a Zoel e saber todo o que lle acontece durante a súa estancia no hospital?
Zoel é un neno algo gordecho e moi divertido que pasa uns días no hospital, xa que tivo un pequeno percance. Se les o libro, o protagonista contarache todo o que lle sucedeu.
Tamén poderás descubrir e ler as súas memorias esritas durante a súa estancia. A medida que pasa o tempo daraste conta do moito que se aburre, pero grazas a un libro moi divertido que leu sacará a conclusión se é un neno obeso ou non.
Gordiño recheo é unha obra escrita por Fina Casalderrey. No ano 2007 publícase a primeira edición, e a cuarta e última en 2014.
É un libro narrativo que dividese en 22 capítulos, onde o protagonista, Zoel conta todo o que lle vai acontacendo durante a estancia no hospital.
Esta lectura recomendase para nenos e nenas a partir dos 8 ata os 12.
FINA CASALDERREY
Recibiu numerosos premios e distincións, entre eles:
- Premio Merlín de Literatura Infantil en 1991 por Dúas bágoas por Máquina.
- Premio Edebé de Literatura Infantil en 1995 por O estanque dos parrulos pobres.
- Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996 e O Barco de Vapor en 1994 por O misterio dos fillos de Lúa.
- Premio Cidade de Pontevedra en 1996 pola totalidade da súa obra.
QUERES SABER TODO O QUE LLE ACONTECE A ZOEL?
NON O VAS IMAXINAR!
CORRE, LELO E CONTALLELO ÓS TEUS AMIGOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.