domingo, 1 de noviembre de 2015
Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2015
O pasado mes de outubro de 2015 publicouse o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil. Este ano otorgóuselle a unha obra galega dunha escritora viguesa.
"Escarlatina, a cociñeira defunta" é unha obra moi sinxela de ler que lle da "a morte" unha nova perspectiva.
Lectura de aventuras con toques de humor, ambición, amor, sensibilidade e superación recomendada para nenos de entre dez e doce anos.
miércoles, 20 de mayo de 2015
"Os oficios de Chuquelo" de Pinto & Chinto. (Arancha Puime Casal)
Unha vez máis Pinto & Chinto conseguen que
o lector goce da lectura. O seu toque humorístico e a súa sinxela escritura
durante toda a obra fai que a comprensión da lectura sexa doada.
Chuquelo é un can que só intenta encontrar o
seu lugar no mundo. Como can é auténtico desastre. Un can sen oficio nin
beneficio. Só desenterrar ósos o compensaba da súa tristura. Velaí a clave da
súa vida.
Proba canta profesión hai, pero a sorte non o
acompaña e iso levarao a refuxiarse na comida, e volta a desenterrar máis ósos.
Finalmente, Chuquelo atopa o seu oficio,
froito dun traballo concienzudo e toda unha vida de dedicación, pero para saber
cal é, deberás ler o libro.
Explican os autores da obra que en certo
sentido este can é como «a outra cara de tantos cans protagonistas e que tanto
axudan aos humanos en profesións como a de policía ou a de bombeiro». Este,
segundo o dúo, é «un can con problemas de traballo estable e que, para
compensar os seus fracasos, ten un comportamento moi humano: utiliza a comida
para compensar».
"Os oficios de Chuquelo" publicouse
en decembro do 2009 pola editorial Galaxia pertencente a colección Árbore.
Por último gustaríame facer un breve
apuntamento sobre Pinto & Chinto. este dúo está formado por David Pintor (A
Coruña, 1975) e Carlos López (A Coruña, 1967) comezaron a colaborar como
humorístas gráficos en 1993 e dende aí empezaron a colaborar con varios
xornais.
En 2001 iniciáronse na literatura infantil,
tras máis de 20 libros, convertíronse nuns dos autores máis galardoados e
prolíferos de Galicia.
O único que queda é o amor (Alejandro Barbosa)
BOS
DIAS COMPAÑEIROS!! XA TEÑO A MIÑA ELECCIÓN! FICADE LENDO XA QUE ESTOU SEGURO DE QUE AXIÑA IDES PENSAR
QUE ESTA É A ELECCIÓN CORRECTA.
Amor? Qué é o amor? O diccionario o define como sentimento de vivo
afecto e inclinación a prol dunha persoa ou cousa a que se lle desexa todo o
bo. Certo! O amor é un deses valores que todos coñecemos, que nos acompaña
desde que nacemos, vai grabado en nos a fogo, non precisa explicación, vivir implica amor, ata a nosa morte implica amor. Este libro fala disto, de
amor, deste valor que todo mundo posee e ninguén quere perder. “O único que
queda é o amor” é una obra de amor, dende a xuventude ata a morte, una porta
que hai abrir nos nosos nenos e que deben recoñecer. Nenos vigueses como o seu
autor, Agustín Fernández Paz, que recibiu o premio nacional de literatura por
esta obra,e nos da unha referencia da calidade da mesma, danos outro motivo
para escoller este libro como lectura para os nosos rapaces. Nós, os mestres, somos os responsables de non deixar que os nosos rapaces esquezan os autores
galegos que ocupan un recuncho importante na literatura. Agustín e “O único que
queda é o amor” representan una boa elección para que os rapaces aproxímense a unha
lectura mais xuvenil de calidade representando valores galegos. O libro podedelo atopar en galego e en castelán se fose necesario. Ademáis dispoñedes de algunas das súas historias libre por internet.
Apunto o resumo de dúas historias que os gustarán e algúns datos deste autor vigués que traballou en prol do galego e a literatura.
Loanza da filatelia: un home colecciona caixas de mistos, mais, cando morre, a muller quéimaas nun inverno frío e con elas un diamante que unha gardaba e que el lle ía regalar ao cumprir 25 anos de casados.
Amor de agosto: moitos anos despois, un home, que de mozo se bicou cunha rapaza nunha carballeira, e tivo que emigar cando se enteirou o pai e o despediu do traballo, vai queimar as cartas dela, rompendo así definitivamente o rito de visitar a vila do seu amor adolescente, que mantivo malia que había anos que os dous tiñan xa parella.
Agustín Fernández Paz: Perito Industrial Mecánico, Mestre de Ensino Primario e Licenciado en Ciencias da Educación, exerceu de profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Os Rosais 2 en Vigo. Foi membro fundador dos colectivos Avantar e
Nova Escola Galega e participou na elaboración de numerosos
materiais didácticos como as series Nobelos de Papel (para o ensino globalizado en galego no Ciclo
Inicial). Así mesmo é autor de numerosos traballos sobre a normalización
lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura.
martes, 19 de mayo de 2015
A chave dos soños de Antonio Garcia Teijeiro. Galaxia (1990)
Antonio García Teijeiro, autor de A chave dos soños |
Debutó con su poemario Parolando
coa vixencia (1987). Desde entonces ha recibido numerosos premios y sus obras
figuran en varias listas prestigiosas (IBBY, revista CLIJ, Premio
Nacional de Literatura y "cien mejores libros del siglo" de la Fundación
Germán Sánchez Ruipérez ). Recibió el Premio Merlín por Na fogueira dos versos, en 1996 (poemario
infantil) y en 1998 el Premio Europeo Pier Paolo Vergerio, promovido por la
Universidad de Padua, considerado uno de los más prestigiosos galardones
literarios de Europa. En el VI Simposio
sobre Literatura Infantil y Lectura de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez, su
libro Cacarabín, Cacarabón (Trascrita al castellano como Versos de Agua) fue elegido entre Los 100
mejores libros del siglo XX. Su libro
Trala liña do horizonte fue elegido como libro asociado del Fórum
Barcelona, 2004, y en 2006 ganó el premio de poesía “Illas Sisargas” con el
poemario Arredor do teu corpo,
convocado por la Asociación Calderón y el Concello de Malpica.
Cubierta de la primera edición |
El libro, como ya mencione, consta de siete relatos de lectura
abierta, donde el autor nos presenta a una serie de personajes relacionados con
la infancia y niñez (niños, juguetes, padres...) que tienen en común la tristeza rodeada de soledad, incomprensión y rechazado del
mundo que los rodea. Cada historia es independiente y está contada con un
formato distinto, de esta manera encontramos las vidas de:
- O diario (doce hojas) es la historia de un niño que se siente especialmente solo por la ausencia física de su padre, que nunca está en casa por motivos laborales, y la ausencia emocional de su madre, que tiene periodos agudos de depresión e histeria.
- Tocho (tres hojas) es un viejo muñeco de felpa que ve con tristeza y nostalgia como Xela, la niña que una vez tanto lo quiso, se hace mayor, olvidándose de sus juegos e historias.
- O neno que falaba coas ondas (ocho hojas) cuenta la vida de Roi, un chico que prefiere vivir en su propio mundo de fantasía a la vera del mar, donde las olas, las gaviotas y el sol son sus mejores amigos.
- Mario e Marta (ocho hojas) narra el drama que los padres de Mario y Marta crean por el medio de que sus hijos sean rechazados por sus preferencias, ya que Mario prefiere jugar a ser una mamá ama de casa que cuida a sus hijos y Marta ser un gran futbolista y matar dragones con su espada.
- Os numeros do calendario (10 hojas) habla sobre Uxío, un niño agobiado emocional, física y psicológicamente por ser el estudiante número uno en todo momento, cuando lo que más desea es ser un gran futbolista.
- Boliche (dieciocho hojas) es la hermosa y lustre marioneta de un niño misterioso y de aspecto desaliñado que todos los días se sienta en la plaza Mayor. El niño no habla con nadie, pero su marioneta sí, y cuenta historias a los niños del pueblo, un pueblo analfabeto donde sólo la marioneta y su niño saben leer.
- O vello Reloxio (catorce hojas) trata el misterio el día en que el viejo reloj de la iglesia, decidió no volver a dar las campanadas.
Cada historia está acompañada por las ilustraciones en
blanco y negro de María Fe Quesada Rodríguez (Zamora, 1957), Premio Nacional de
Pintura Infantil de Zamora y Premio en el Certamen de Artistas Noveles
Galegos de Vigo 1982. Las ilustraciones, con un estilo Arte Naif, evocan
los dibujos ochenteros de la época, con rostros, narices y ojos redondos, de
cuerpos pequeños y extremidades largas. A pesar de que el estilo queda muy lejano
con la línea que se sigue en la literatura infantil actualmente, cumple
perfectamente con su función; en ocasiones acompaña al texto con una
ilustración escenográfica que explica perfectamente la situación, en otras
forma parte del propio texto, teniendo que interaccionar con la imagen para
leer un caligrama con los pensamientos del personaje que se expresan como una
serie de frases escritas en una elipses de sentimientos.
O neno que falaba coas ondas |
lunes, 18 de mayo de 2015
MINIMALARIO (2011) Pinto & Chinto. Natalia
Desta volta Pinto & Chinto lévannos de viaxe pola vida e obras dun cento de animais, desde os máis pequenos, como insectos paus e piollos, ata os máis grandes, como un cachalote que case non cabe no conto. E todo isto a través de historias mínimas, microrrelatos cargados de ironía, xogos de palabras e retranca que non por seren pequenos perden a maxia do conto.
Que lle pasou o camaleón que non sabía cambiar de cor? Por que os pavos levan un moco colgando do nariz? Que lle aconteceu ao sapo cando a princesa lle deu un bico? Que reflexo viu na auga o cabalo que paseaba á beira do mar?
Eu non cho vou a contar así que se queres sabelo terás que facerte co libro...alí atoparás a solución a estes misterios entre moitos outros.
Na humilde opinión desta lectora, o libro e recomendable para nenos de todas as idades, desde os que aínda non saben ler, pero si escoitar, ata os nenos grandes que todos levamos dentro, por moito que algúns os queiran agochar. Un libro para ler de cabo a rabo ou aos pouquiños, ao gusto do consumidor.
Os motivos? Porque as "mínimas" historias que nos contan os autores e as coloristas e limpas ilustracións que as acompañan nos fan soñar e sorrir. Que máis motivos queres que unha lectura que che faga gozar...? Por outra banda, o prezo (uns 15 euriños) é bastante asequible e, como referente, dicir que recibiu o Premio Merlín en 2007.
Minimalario, editado por Kalandraka, compila as historias recollidas en Minimaladas e Novas Minimaladas, publicados pola editorial Xerais en 2007 e 2008 respectivamente, dándolle un pequeno lavado de cara a algunhas ilustracións e cunha nova presentación máis atractiva e vistosa; nembargantes, a principal diferencia está na lingua pois, mentres que os primeiros foron publicados en galego, o segundo só está dispoñible, de momento, en castelán e portugués.

Na seguinte ligazón podedes botarlle un ollo a algunhas das historias que aparecen no libro...
sábado, 16 de mayo de 2015
Unha chea de familias. Helena.
XOSÉ ANTONIO NEIRA CRUZ
Xosé Antonio Neira Cruz es un escritor consolidado en literatura gallega y una parte importante de su producción se dirige a los lectores más jóvenes. Nació en Santiago de Compostela en 1968.
Es licenciado en Filología Italiana y doctor en Ciencias de la Información, trabajó en el periódico gallego La Voz de Galicia, fue redactor de la revista Tempos, dirigió la revista de literatura infantil y juvenil Fadamorgana, ha escrito diversos guiones para programas de radio y para la televisión de Galicia, es el responsable de la colecciones "Sete Mares", "Árbore" y "Costa Oeste" de la editorial Galaxia y es profesor de Periodismo en la Universidad de Santiago de Compostela.
PREMIOS
- Ganó el Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2007 por su primera novela É oco habitado.
- Recibió dos Premios Merlín, uno en 1988 por su obra Ó outro lado do sumidoiro y otro en el año 2000 por su obra juvenil Las cosas claras.
- Recibió el Premio O Barco de Vapor en los años 1997 y 1999 por sus novelas La estrella de siete puntas y Los ojos sin párpados, respectivamente.
- Ganó la edición de 2002 del Premio Raíña Lupa con El armiño duerme, novela ambientada en la Italia del siglo XVI.
- Recibió también el Premio Lazarillo en el año 2004 por su obra La noche de la reina Berenguela.
UNHA CHEA DE FAMILIAS
RESUMEN
Todos los domingos por la mañana la niña llamada Mariña va a la cama de su padre para despertarlo y finalmente preguntarle dónde está su madre a lo que el padre responde que está muy lejos y que nunca volverá.
Ese domingo Mariña hizo una pregunta, que nunca antes había hecho, que por que ella no tenía una mamá cuando todas las familias tienen papá y mamá, a lo que el padre respondió que había muchos tipos de familias y este se dispuso a enseñárselas visitando a todos los vecinos de su edificio.
De este modo recorriendo el edificio van encontrando diversas familias como: familias extranjeras, familias con hijos adoptados, familias de padres homosexuales, un hijo que vive con su madre anciana y una mujer que decidió tener dos hijos por fecundación in vitro.
Por último la niña, tras haber hecho ese recorrido por el edificio, fue al parque donde se quedó mirando todas las clases de familias que existen y llegó a la conclusión de que todas ellas tenían en común el amor que se procesaban.
Recomiendo este libro por los siguientes motivos:
1. Es un cuento que tiene un léxico que ayuda a su fácil compresión a diferencia de otros cuentos de este mismo autor que tienen un lenguaje más rebuscado y complicado llegando incluso al lenguaje simbólico y metafórico poco entendible para los niños de los primeros cursos de primaria, que es al cual se dirige este álbum ilustrado.
2. La temática es muy actual, ya que aborda los diferentes tipos de familias que pueden existir sin prejuicios y desde un punto de vista abierto.
3. Sus ilustraciones son muy llamativas, propias de las características del álbum ilustrado. Además se puede decir que las ilustraciones y el texto mantienen una perfecta sincronía.
4. La trama del álbum mantiene al lector en suspense hasta el final, puesto que estás todo el rato pensando cuál será la siguiente familia que nos van a presentar.
5. Este libro tiene un gran valor didáctico, ya que inculca en los niños valores como: la igualdad, la tolerancia, el respeto, la ausencia de prejuicios. Y por último, que sepan que hay muchos tipos de familias y que todas ellas son igual de válidas.
¿TE ATREVES A DESCUBRIR ALGUNAS DE LAS FAMILIAS QUE PUEDEN EXISTIR?
viernes, 15 de mayo de 2015
Xela volveuse vampira!! Anastasia
Sobre a autora...
(Xeve, provincia de Pontevedra, 1951) escritora española, mestra de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante, periodista e membro da RAG. Premiada en varias ocasións pola súa obra literaria, gastronómica e periodística, traducida a todas as linguas de España.
Sobre a ilustradora...
Formouse en Lugo coma diseñadora gráfica, decantándose pola ilustración. Como ilustradora participou en diversas charlas e obradoiros de fomento para a lectura e exposicións colectivas sobre a ilustración. Traballou coma debuxante de animación despois dun periodo de formación en Limaía Produccións. Actualmente continúa traballando neste campo.
Sobre a obra...
Xela é unha mestra chea de vitalidade, sen embargo á volta das vacacións prodúcense unha serie de cambios tanto no seu aspecto físico coma no referente á súa personalidade, tanto é así que os seus alumnos acaban por pensar que se está a converter nunha vampira. Breixo, a voz narradora, descubrirá por fín o que está acontecendo.
Recomendo a obra...
a todos aqueles que queiran achegar aos nenos a un tema tan delicado como é a violencia machista a través dunha lectura cercana a un contexto infantil no que os nenos poderían verse reflectidos dalgunha maneira, sempre dende unha perspectiva alentadora sen deixar de facernos reflexionar sobre o dramatismo da historia.
Penso que é unha obra apropiada a partir do segundo ciclo, polo vocabulario empregado, aínda que ao final da lectura, exponse un poema que pode ser tratado tamén no primeiro ciclo. Tamén se pode facer uso do DVD contacontos que se incúe no libro en todas as etapas. Pola brevedade da obra, poderíse traballar, por exemplo no Día internacional contra a violencia de xénero.
Ás de mosca para Anxo. Lara
"Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey
Véxome na obriga de comezar o meu escrito matizando que son una recén chegada ó mundo da literatura xuvenil. Por outra parte, os escritos dirixidos a este sector tamén son moi novos, pois 30 anos non é un largo tempo de vida para un xénero literario.
Como crítica inexperta e
con pouco có que comparar, tentarei expresar unha opinión sobre “Ás de mosca
para Anxo”.
Esta obra é de Fina
Casalderrey, autora nacida en Pontevedra con moitos libros e moitos premios ás
súas espaldas. Indagando atopei entrevistas nas que confesa que escribiu o
libro coa forza e a carga vital que lle deron certos acontecementos ocorridos
na súa propia vida relacionados cós secuestros.
Con estes poucos, pero
prometedores datos, comecei a lectura do relato.
A historia empeza en plena acción e a medida que se vai avanzando na lectura
dáse un salto ó pasado recente , dende o que continúa linealmente a sucesión de
acontecementos ata o desenlace.
A protagonista é una nena
chamada Estrela, que é pura, inocente, para a que a mentira non existe; una
nena especial. Estrela chega a un novo colexio no que, tralas reticencias
propias dun grupo xa formado, acaba por se mergullar nel ata tal punto que se
converte en protagonista indiscutible non só do colexio, senón da vila enteira.
A protagonista é un
exemplo de superación, cada día é un reto para ela e cada día o supera, xerando
nese camiño cada vez máis amigos, máis cariño, máis paciencia ó seu arredor.
A historia é unha
historia bonita, emotiva, cargada de
valores; correcta. Cada persoa é especial, é un tema moi rico o que trata, e
sen embargo, a historia pasa por mín como un pano de seda: faime cóxegas pero demasiado cerca da superficie como para
degustalas. Na miña opinión poderíase haber afondado máis na historia. Por outra
parte, da súa simpleza tamén se extraen elementos positivos, pois a linguaxe
que utiliza é clara e directa, está plagada de diálogos e revela neles as
diferentes personalidades de cada personaxe.
Manexo a información de
que a escritora foi mestra durante moito tempo, e que ese feito influíu no
dominio que ten do ambiente escolar, dos comportamentos dos alumnos e dos pais,
e así se observa a medida que se avanza no libro.
Conclúo recomendado a lectura
da obra, dende ós mediadores coma ós alumnos. Pódese facilmente converter nunha
lectura amena que esperte os seus intereses para indagar máis datos e historias
da escritora Casalderrey.
jueves, 14 de mayo de 2015
Proposta de preguntas.
A continuación proponse unha serie de preguntas posibles, se queres engadir alguna usa os comentarios ou modifica esta entrada.
Que é
LIX?
Cales son
os xéneros literarios?
Características
do álbum ilustrado.
Diferenzas
entre álbum ilustrado e libro ilustrado.
Nomea
unha técnica para inventar historias, pon un exemplo e di en que consiste.
Que características
ten que ter un bo mediador?
Que
libro dos vendidos polos teus compañeiros mercarías e por que?
Que
tipos de poesía hai?
O pintor do sombreiro de malvas
Boas tardes a todos, o libro que eu escollín é: "O pintor do sombreiro de malvas" de Marcos Calveiro.
Marcos Calveiro naceu en 1968 e vive en Vigo
Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís Sari soñador de mares (2006) e Rinocerontes e quimeras (2007), a primeira traducida ao catalán e a segunda ao castelán e ambas as dúas moi ben valoradas pola crítica. En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por O Carteiro de Bagdag, novela editada en galego e castelán, que logo recibiría o Premio White Ravens en 2008. Máis recentemente, mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil por O canto dos peixes en 2008. no 2012 Recibiu o Premio Merlín pola obra Palabras de Auga.
Mantén aberto o blog Alfaias que podedes consultar a través deste enlace: http://alfaias.blogaliza.org/
O pintor do sombreiro de malvas recibiu o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009.
Esta novela narra a historia dun adolescente que é enviado pola súa nai dende Parías a pasar cunha tía una boa tempada na vila de Auvers. Durante o verán coñecerá Vincent un pintor co que pasará sesenta e nove días recorrendo lugares e pintando cada un deles. Ademais o mozo descubrirá o amor, sufrirá a primeira morte e ten que tomar as súas primeiras propias decisións.
É unha novela que os nenos de 6º de primaria poden ler como lectura de verano, para acostumarse as novas lecturas que terán que ler nunha nova etapa da súa vida. Ademais a esa idade os nenos xa empezan a tomar as súas propias decisións, afróntanse as primeiras mortes dun familiar ou ser querido e tamén empezan a ter e fixarse nos seus compañeiro, xurdindo así os primeiros amores.
Se os gusta a literatura e o arte, ¡esta é a vosa obra! Así que xa sabedes, lede esta obra e non os arrepentiredes.
Besiños, Bea Roselló.

AMAR E OUTROS VERBOS (L) (ZAIRA)
Boas tardes a todos!!!
Antes de desvelar o título do libro que vos traio hoxe, quero facervos unha pregunta importante...¿gústavos a poesía? Pois o libro que vos vou recomendar a continuación chámase Amar e outros verbos. Esta magnífica obra foi creada por un dos mellores poetas de Galicia, a escritora galega Ana María Fernández.
Decidín elaborar un video con todo o imprescindible para animarvos a que a leades e descubrades que Amar e outros verbos é o compañeiro que precisades para percorrer un camiño que, en ocasións, resulta complicado andar en solitario.
Recordade AMAR E OUTROS VERBOS, VAIVOS ENCANTAR!!!

Sempre Hausa
Bos días amiguiños e amiguiñas!!!
Como vos vai? Seguro que moi estresados cos exames non? Pero tranquilos, que ao rematar xa teredes moito tempo para relaxarvos. E que mellor forma de facelo que lendo un pouquiño?
O libro que eu vos propoño, como ben sabedes, é Sempre Hausa de Xoán Babarro .
Este autor naceu no pobo ourensán de Calvelo de Maceda en 1947. É Catedrático de Lingua e Literatura e destaca pola súa produción destinada aos máis pequenos na que, ademáis, ofrece unha ollada solidaria sobre a realidade que viven os nenos dos lugares máis desfavorecidos, como é o caso da obra que aquí vos presento. Non só escribe narrativa, pois tamén publica poesía e teatro, e gañou premios tan destacados como O Facho de Teatro en 1987 ou O Barco de Vapor nas edicións de 1985 e 1989.
Sempre Hausa narra a historia de Abdulahi, un neno africano que se ve obrigado a abandoar a súa familia e o seu pobo para buscar un futuro mellor. A través de Abdulahi, e das experiencias que el vive ao longo da súa viaxe, poderedes transportarvos ata África e coñecer así a cultura e o estilo de vida que alí teñen. Ademáis, descubriredes que un neno africano non precisa riquezas materiais para ser feliz, pois abóndalle con estar coa súa familia e seguir as costumes e tradicións do seu podo.
Este libro está destinado a nenos do 3º ciclo de Ed. Primaria e considero que é interesante lelo porque, a través desta obra, poderán adentrarse na vida de Abdulahi e coñecer cómo é a vida dun neno africano, descubrindo que, tal como lle pasa a este rapaz, para conseguir os nosos soños nunca debemos perder a ilusión.
E non vos gustaría saber cal era o soño de Abdulahi e como remata a súa historia?
Pois xa sabedes futuros mestres, animádevos a ler esta obra e non vos arrepentiredes de facelo!!
Biquiños para todos, Albiña.

miércoles, 13 de mayo de 2015
EU SON ADOPTADA ¿E QUE?
Futuros Mestres e Mestras, como sabedes a escolla do meu libro foi: EU SON ADOPTADA da colección ¿E QUE?
O autor da obra é Xosé Antonio Neira Cruz, é de Santiago de Compostela (1968), Considérase un
dos autores de libros dirixidos ao público infantil e xuvenil máis relevantes do
panorama galego actual. O autor é Licenciado en Filoloxía italiana e en
Ciencias da Información.
En canto ao ilustrador da obra neste caso é Jokin
Mitxelena. Naceu en Guipuzcua no ano 1962.
En 1985 comeza a publicar as súas primeiras colaboración como ilustrador. Actualmente, colabora non só como ilustrador se non tamén como escritor con editoriais como: SM, Alfaguara, Baula, Edebé, Galaxia entre outras.
A temática da obra é a adopción, está dirixida a nenos de
oito anos en diante, xa que o vocabulario, a gramática e incluso o tipo de
letra no que está escrito o conto é axeitado para esa etapa.
Destacar que é unha obra que foi publicada no ano 2004, é
da editorial Galaxia e pertence a colección “¿E que?”
Con respecto ao
contido da obra dicir que encontrámonos cunha nena de orixe chinés chamada “Lu” que é a protagonista da obra.
Todo
comeza cando un bo día, a mestra pídelle como tarea que faga unha árbore xenealóxica, nese
momento a rapaza non sabe nin por onde empezar, porque ¿A que familia terá que
por Lu?, ¿Cantos circuliños terá que por a nena para que lle entren as dúas
familias? ¿Cal foi o motivo que empurrou os seus pais adoptivos para adoptala?
¿A súa familia será estrana? ¿Gustaralle a súa profe e os seus compañeiros a súa árbore xenealóxica?
Se queres saber a
resposta a todas estas preguntas, XA SABES O QUE TES QUE FACER! MERCA O LIBRO E
SAIRÁS DE DÚBIDAS!
Deixovos unha ligazón para que poidades mercar o libro online, ou tamén o podedes encontrar no FNAC por 6.35 Euros.
-

martes, 12 de mayo de 2015
"A verdadeira historia do burro Feldespato"
Boas a todos e a todas:
O libro que propoño para que leades non é outro que o que aparece na imaxe inferior:
Nela vemos de novo o título do libro e máis o seu autor:"Xerardo Quintiá", un escritor nado en Lugo en 1970. Foi publicado pola Editorial Galaxia en 2002. Na imaxe anterior podemos apreciar tamén a ilustración, portada da obra, feita pola ilustradora Andrea López.
Na seguinte imaxe, como na maioría dos libros, aparece un breve resumo da obra e a idade recomendada para a súa lectura. Aínda que di a partir de nove anos, poderían ler o libro nenos de terceiro de primaria, é dicir, nenos de oito anos pois a linguaxe é sinxela como o son as ilustracións.

Agora os contarei un pouco de que trata o argumento para que os animedes a mercar o libro, que ten un coste inferior aos sete euros, un prezo bastante razoable tendo en conta que é un libro para nenos de primaria, polo que ten ilustracións en case cada todas as súas páxinas, ainda que sexan en branco e negro.
Feldespato é un burro que fuxe do seu antigo dono que lle deixaba sen comer durante días e días. Vai vivir entón a unha vila chamada Setelúas. Alí atopa fogar na casa dunha bruxa chamada Marica Pendella, fea coma un corvo pero moi xenerosa e con setecentos anos... Mais a bruxa Marica so desperta unha vez cada século. Feldespato está canso de esperar e decide ir polo mundo adiante...
E ata aquí podo ler, estimadas lectoras e prezados lectores. O resto é o voso traballo, coñecer a marabillosa historia do burro Feldespato e a súa dona, a a bruxa Marica Pendella.
Decir que tedes o libro na Biblioteca Central de Vigo. É outra forma de coñecer o final do libro e ademáis non supón ningun coste.
E para rematar adxunto un enlace onde podedes ler seis motivos polo que é bo ler porque ler e a fin de contas a mellor maneira de viaxar movendo soamente as mans.
http://verne.elpais.com/verne/2015/05/05/articulo/1430838359_183888.html
Elías Antón Marcos
Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis
Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis é un libro escrito por...
José María Heras Varela, coñecido como Chema Heras. É diplomado en Maxisterio e actualmente da clase de inglés en Cambados. É traductor e tamén forma parte do consello editorial de Faktoria K de Libros. Ademáis é autor de diversas obras dirixidas a público infantil e xuvenil.
É socio da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.
O seu ilustrador é Kiko Dasilva. É licenciado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. É un historietista, ilustrador e director editorial español nado en Vigo en 1979.
A historia deste libro pode reflexar as ilusións e o nerviosismo de calquera neno nunha noite máxica como é a de Reis.
Cada un ten o seus desexos ... se queredes saber cal é o de Martiño e o que lle acontece non o dubidedes máis e mestres, pais, mais, avós... mercade este libro!!!
É moi apropiado para os primeiros cursos de primaria e os nenos entrarán nese mundo encantado...
E aínda hai máis! pinchade neste enlace!!
AnImÁdEvOs!!!!
AVISO IMPORTANTE!
Boas compañeiros e compañeiras.
Agora que captei a
vosa atención quérovos propor unha actividade.
Eu lin Os Megatoxos unha obra de Anxo Fariñas. Este libro causa moita controversia entre os mediadores, xa que pertence a unha saga de moito éxito pero que, aos nenos,
normalmente, non lles gusta moito. A actividade
que vos quero propoñer consiste en que leades o libro, para coñecer a vosa
opinión, e ter outros puntos de vista diferentes ao meu.
A continuación
gustaríame ofrecervos una información xeral do libro e do autor, e a miña opinión.
Como xa
dixen, o autor é Anxo Fariñas. Naceu en 1977 en Vigo e é licenciado en Belas
Artes. Aquí poderedes encontrar a súa páxina oficial, e se queres podería ir á vosa aula para que estivera cós alumnos e lles ensine como poden debuxar as súas personaxes favoritas.
Os Megatoxos é una saga de cinco libros, eu lin o primeiro: Os Megatoxos e o
aprendiz de druída. Nela contase a historia de catro mozos (Ninfa, Faisca, Lúa e Ruxe), que teñen que
compatibilizar as clases cunha dobre vida, na que teñen que viaxar polo tempo en
busca dun toxo radioactivo.
Considero
que é unha lectura un pouco complicada para os nenos dos últimos cursos de primaria, seguramente lles custaría
centrarse e prestar atención na trama, porque o principio é algo desconcertante, e desanimate a continuar a lectura.. Os temas
que trata aínda que son interesantes non chaman moito a atención, xa que son os temas típicos dos libros infantís.
Gustaríame
recalcar que esta é a miña opinión, e por iso quero que VÓS leades o libro para
que poidamos discutir sobre se a fama que ten é merecida ou non.
Moitas
grazas pola vosa a atención e espero que me axudedes nesta actividade.
Un bico
Noelia
sábado, 9 de mayo de 2015
"VACAS NA CIDADE?"
Neste libro
coñeceremos a Paulo...
E a súa tía Caterina...
Que irán a cidade...
Para ver unha exposición de vacas moi especiais...
Se queredes saber
porque son tan especiais... mercade o libro!
Aquí vos deixo a ligazón onde o podedes atopar máis barato...
Por certo se vos
gustaron as imaxes podedes consultar a páxina do ilustrador Jacobo Fernández
quizais atoparedes algún outro libro que vos poida interesar.
Se este libro non vos chamou a atención non vos desilusionedes, neste blog encontraredes moreas deles e
seguro que algún vos pode mergullar nun mundo máxico.
Eva Conchouso
Suscribirse a:
Entradas (Atom)