viernes, 15 de mayo de 2015

Xela volveuse vampira!! Anastasia

                   
xela volveuse vampira (incluye dvd)-fina casalderrey-9788496893214



Sobre a autora...


     

(Xeve, provincia de Pontevedra, 1951) escritora española, mestra de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante, periodista e membro da RAG. Premiada en varias ocasións pola súa obra literaria, gastronómica e periodística, traducida a todas as linguas de España.

Sobre a ilustradora...




Formouse en Lugo coma diseñadora gráfica, decantándose pola ilustración. Como ilustradora participou en diversas charlas e obradoiros de fomento para a lectura e exposicións colectivas sobre a ilustración. Traballou coma debuxante de animación despois dun periodo de formación en Limaía Produccións. Actualmente continúa traballando neste campo.

Sobre a obra...


Xela é unha mestra chea de vitalidade, sen embargo á volta das vacacións prodúcense unha serie de cambios tanto no seu aspecto físico coma no referente á súa personalidade, tanto é así que os seus alumnos acaban por pensar que se está a converter nunha vampira. Breixo, a voz narradora, descubrirá por fín o que  está acontecendo.



Recomendo a obra...


a todos aqueles que queiran achegar aos nenos a un tema tan delicado como é a violencia machista a través dunha lectura cercana a un contexto infantil no que os nenos poderían verse reflectidos dalgunha maneira, sempre dende unha perspectiva alentadora sen deixar de facernos reflexionar sobre o dramatismo da historia. 

Penso que é unha obra apropiada a partir do segundo ciclo, polo vocabulario empregado, aínda que ao final da lectura, exponse un poema que pode ser tratado tamén no primeiro ciclo.  Tamén se pode facer uso do DVD contacontos que se incúe no libro en todas as etapas. Pola brevedade da obra, poderíse traballar, por exemplo no Día internacional contra a violencia de xénero.











































































































1 comentario:

  1. Ola Anastasia! Son Miguel. ¿Pódesme dar o título do teu libro do CONTACONTOS? Grazas!

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.