Unha vez máis Pinto & Chinto conseguen que
o lector goce da lectura. O seu toque humorístico e a súa sinxela escritura
durante toda a obra fai que a comprensión da lectura sexa doada.
Chuquelo é un can que só intenta encontrar o
seu lugar no mundo. Como can é auténtico desastre. Un can sen oficio nin
beneficio. Só desenterrar ósos o compensaba da súa tristura. Velaí a clave da
súa vida.
Proba canta profesión hai, pero a sorte non o
acompaña e iso levarao a refuxiarse na comida, e volta a desenterrar máis ósos.
Finalmente, Chuquelo atopa o seu oficio,
froito dun traballo concienzudo e toda unha vida de dedicación, pero para saber
cal é, deberás ler o libro.
Explican os autores da obra que en certo
sentido este can é como «a outra cara de tantos cans protagonistas e que tanto
axudan aos humanos en profesións como a de policía ou a de bombeiro». Este,
segundo o dúo, é «un can con problemas de traballo estable e que, para
compensar os seus fracasos, ten un comportamento moi humano: utiliza a comida
para compensar».
"Os oficios de Chuquelo" publicouse
en decembro do 2009 pola editorial Galaxia pertencente a colección Árbore.
Por último gustaríame facer un breve
apuntamento sobre Pinto & Chinto. este dúo está formado por David Pintor (A
Coruña, 1975) e Carlos López (A Coruña, 1967) comezaron a colaborar como
humorístas gráficos en 1993 e dende aí empezaron a colaborar con varios
xornais.
En 2001 iniciáronse na literatura infantil,
tras máis de 20 libros, convertíronse nuns dos autores máis galardoados e
prolíferos de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.