lunes, 18 de mayo de 2015

MINIMALARIO (2011) Pinto & Chinto. Natalia

Desta volta Pinto & Chinto lévannos de viaxe pola vida e obras dun cento de animais, desde os máis pequenos, como insectos paus e piollos, ata os máis grandes, como un cachalote que case non cabe no conto. E todo isto a través de historias mínimas, microrrelatos cargados de ironía, xogos de palabras e retranca que non por seren pequenos perden a maxia do conto.

Que lle pasou o camaleón que non sabía cambiar de cor? Por que os pavos levan un moco colgando do nariz? Que lle aconteceu ao sapo cando a princesa lle deu un bico? Que reflexo viu na auga o cabalo que paseaba á beira do mar? 

Eu non cho vou a contar así que se queres sabelo terás que facerte co libro...alí atoparás a solución a estes misterios entre moitos outros.

Na humilde opinión desta lectora, o libro e recomendable para nenos de todas as idades, desde os que aínda non saben ler, pero si escoitar, ata os nenos grandes que todos levamos dentro, por moito que algúns os queiran agochar. Un libro para ler de cabo a rabo ou aos pouquiños, ao gusto do consumidor.

Os motivos? Porque as "mínimas" historias que nos contan os autores e as coloristas e limpas ilustracións que as acompañan nos fan soñar e sorrir. Que máis motivos queres que unha lectura que che faga gozar...? Por outra banda, o prezo (uns 15 euriños) é bastante asequible e, como referente, dicir que recibiu o Premio Merlín en 2007.

Minimalario, editado por Kalandraka, compila as historias recollidas en Minimaladas e Novas Minimaladas, publicados pola editorial Xerais en 2007 e 2008 respectivamente, dándolle un pequeno lavado de cara a algunhas ilustracións e cunha nova presentación máis atractiva e vistosa; nembargantes, a principal diferencia está na lingua pois, mentres que os primeiros foron publicados en galego, o segundo só está dispoñible, de momento, en castelán e portugués.

Na seguinte ligazón podedes botarlle un ollo a algunhas das historias que aparecen no libro...


2 comentarios:

  1. Ola Natalia! Son Miguel. Gústame a presentación... Pena que non fosen máis páxinas... ¡Xa sei, xa sei! Se as puñas todas non merco o libro, ¿non?

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.