jueves, 14 de mayo de 2015

O pintor do sombreiro de malvas

Boas tardes a todos, o libro que eu escollín é: "O pintor do sombreiro de malvas" de Marcos Calveiro.


Marcos Calveiro naceu en 1968 e vive en Vigo

Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís Sari soñador de mares (2006) e Rinocerontes e quimeras (2007), a primeira traducida ao catalán e a segunda ao castelán e ambas as dúas moi ben valoradas pola crítica. En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por O Carteiro de Bagdag, novela editada en galego e castelán, que logo recibiría o Premio White Ravens en 2008. Máis recentemente, mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil por O canto dos peixes en 2008. no 2012 Recibiu o Premio Merlín pola obra Palabras de Auga.

Mantén aberto o blog Alfaias que podedes consultar a través deste enlace: http://alfaias.blogaliza.org/




O pintor do sombreiro de malvas recibiu o Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009.

Esta novela narra a historia dun adolescente que é enviado pola súa nai dende Parías a pasar cunha tía una boa tempada na vila de Auvers. Durante o verán coñecerá Vincent un pintor co que pasará sesenta e nove días recorrendo lugares e pintando cada un deles. Ademais o mozo descubrirá o amor, sufrirá a primeira morte e ten que tomar as súas primeiras propias decisións.



É unha novela que os nenos de 6º de primaria poden ler como lectura de verano, para acostumarse as novas lecturas que terán que ler nunha nova etapa da súa vida. Ademais a esa idade os nenos xa empezan a tomar as súas propias decisións, afróntanse as primeiras mortes dun familiar ou ser querido e tamén empezan a ter e fixarse nos seus compañeiro, xurdindo así os primeiros amores.

Se os gusta a literatura e o arte, ¡esta é a vosa obra! Así que xa sabedes, lede esta obra e non os arrepentiredes.

Besiños, Bea Roselló.






1 comentario:

  1. Ola Bea! Son Miguel. ¿Pódesme dar o título do teu libro do CONTACONTOS? Grazas!

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.