lunes, 23 de mayo de 2016

Tanis I o Mocos

Que farías se con 18 anos tiveses que comezar a gobernar un dos máis poderosos reinos xamáis coñecidos? Pois nesta situación está o noso amigo rockeiro Estanislao.


Manuel Lourenzo González, presenta una historia cargada de humor na que o protagonista é o recén coroado rei de Sofrovia, Tanis I o Mocos. O novo monarca, non ten nin idea de como gobernar o que o leva a promulgar as máis disparatadas leis xamáis vistas coa intención de crear unha sociedade igualitaria, o que vai provocar que aparezan una chea de situacións cómicas coas que morrer da risa. Por outro lado, o noso protagonista tamén vai coñecer o que é namorarse, pero no vou dicir con quen, nin onde, para iso hai que ler o libro!

Sobre o autor:
Manuel Lourenzo González, naceu en Vilaboa (Pontevedra), é licenciado en Pedagoxía e profesor de Lingua e Literatura galegas así como autor de libros de texto. Obtivo diversos premios entre os que cabe destacar o Premio Carvalho Calero (1995) e o Premio Café Dublín (1995) polos libros de relatos: As paisaxes compartidas e Noites de papel.

lunes, 16 de mayo de 2016

O Carteiro de Bagdag


Boas! Chámome Abdulwahid, son un neno de 11 anos, vivo nun barrio de Bagdag chamado Karrada. Agora estamos en guerra, ou iso escoito dicir aos veciños. Eu so sei que estes días non vou a o cole, pero tampouco déixanme xogar co meu mellor amigo Ahmed. Miña nai di que el é chiita, e nós sunitas, polo que temos que estar peleados, pero eu non quero.
O meu pai é carteiro, encárgase de levar novas ás familias das persoas que colaboran nesa guerra. El leva esperanza nas súas cartas, ademais de historias que contarme polas noites. O problema é que tivo un accidente, e agora son eu o que teño que levar una carta ás orillas do Tigri.  Ahmed vaime acompañar, pero e ti? Acompáñasme nesta aventura?




O Carteiro de Bagdag é unha historia contada dende a mirada inocente de un neno que só quere compracer ao seu pai, nun escenario difícil como é Bagdag en guerra. 


Acompanado por Miguel Angel Díez, que fixo ás ilustracións da obra, Marcos S. Calveiro (o da foto) quiso retratar esta historia dende unha mirada de esperanza acompañada por sentimentos.

Calveiro naceu en Vilagarcía de Arousa en 1968. Actualmente é avogado en Vigo. Esta obra a publicou coa editorial Edelvives, e pertence a colección Ala Delta verde.



domingo, 15 de mayo de 2016

UNHA RAÍÑA NEGRA



Danche medo o noxo as formigas? Sea cal sea a túa resposta tes que ler este libro!


Fina Casalderrey nos presenta a Xenxo, un rapaz enamorado das formigas. Gústanlle moitísimo e por eso non quere que ninguén as mate nin entende que a xente o queira facer. Por eso mesmo leva a unha das súas amigas formiga agochada no bus que leva a súa clase de excursión á Granxa, para que poda ser libre, xa que sobreviviu ao acontecido na súa habitación... digamos que non todo o mundo quere formigas pola súa casa. A historia de cómo é por qué chegou a súa amiga formiga ao seu bolsillo e está nese bus camiño á Granxa ten moito que contar... pais, profesores, mozas guapas da clase e moitas, moitísimas formigas...

Queres saber qué pasou? Pois corre e colle este libro!



Recomendo este libro a todos os nenos e nenas a partir de 9 anos, que queran pasar un rato moi agradable descubrindo a historia de Xenxo, un rapaz normal e corrente, que vai a escola, discute con os seus pais, xoga cos seus amigos... e ten un gusto moi particular coas formigas... seguro que o pasarás xenial!





Un pouco sobre a autora...


FINA CASALDERREY 


O seu nome é Xosefa Casalderrey Fraga, aínda que é coñecida como Fina.
Naceu en Xeve (Pontevedra), en 1951.

Estudou Maxisterio e exerce como maestra. Desfruta coa investigación etnográfica e ademais de escribir libros para rapaces, escribriu obras de teatro e tamén atreveuse coa cociña.

Recibiu moitos premios e distincións, entre eles o premio Merlín de Literatura Infantil, en 1991, por Dúas bágoas por Máquina, o premio Edebé de Literatura Infantil, en 1995 por O estanque dos parrulos pobres, o premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, en 1996, e o premio Cidade de Pontevedra, en 1996 pola totalidade da súa obra.


Ao terminar este podes ler máis libros de ela, seguro que non te arrepintes!

GORDIÑO RECHEO - FINA CASALDERREY


Queres coñecer a Zoel e saber todo o que lle acontece durante a súa estancia no hospital?



Zoel é un neno algo gordecho e moi divertido que pasa uns días no hospital, xa que tivo un pequeno percance. Se les o libro, o protagonista contarache todo o que lle sucedeu.

Tamén poderás descubrir e ler as súas memorias esritas durante a súa estancia. A medida que pasa o tempo daraste conta do moito que se aburre, pero grazas a un libro moi divertido que leu sacará a conclusión se é un neno obeso ou non.


Gordiño recheo é unha obra escrita por Fina Casalderrey. No ano 2007 publícase a primeira edición, e a cuarta e última en 2014.

É un libro narrativo que dividese en 22 capítulos, onde o protagonista, Zoel conta todo o que lle vai acontacendo durante a estancia no hospital.


Esta lectura recomendase para nenos e nenas a partir dos 8 ata os 12.


FINA CASALDERREY


Xosefa Casalderrey Fraga naceu na provincicia de Pontevedra no ano 1951.Estudou maxisterio, e dende os 19 anos, exerce como mestra. Foi entonces cando se iniciou na creación literaria como autora e directora de varias pezas teatrais, que foron representadas polo seu alumnado.


Recibiu numerosos premios e distincións, entre eles:

  • Premio Merlín de Literatura Infantil en 1991 por Dúas bágoas por Máquina.

  • Premio Edebé de Literatura Infantil en 1995 por O estanque dos parrulos pobres.

  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996 e O Barco de Vapor en 1994 por O misterio dos fillos de Lúa.

  • Premio Cidade de Pontevedra en 1996 pola totalidade da súa obra.


QUERES SABER TODO O QUE LLE ACONTECE A ZOEL?

NON O VAS IMAXINAR!

 CORRE, LELO E CONTALLELO ÓS TEUS AMIGOS!

DOWN- AN ALFAYA

"DOWN"  é unha narración feita por An Alfaya e publicado pola editorial Rodeira,  na que se conta a vida dende a perspectiva dun neno chamado Siro e a súa relación co seu curmán chamado Guillerme, o cal ten sindrome de Down.
Él, non entende por que no lle pode chamar Down no lugar de Guille, si ó seu curmán gústalle máis o outro nome. Non comprende por que é chinés, e por que os adultos escandalízanse se non o chama polo seu nome.
É un libro que trata un tema de sociedade (como é a integración dos nenos con síndrome de Dawn) dunha forma entrañable, dende a visión dun neno de 7/8 anos.
É unha narración recomendada para nenos de a partir dos 8 anos.







AN ALFAYA, coñecida con ese nome, aínda que o seu nome completo é María de los Ángeles Alfaya Bernárdez. Naceu en Vigo o 2 de marzo de 1964. Estudou Maxisterio nas Escola de Formación do Profesorado e Criminoloxía na Universidade Complutense de Madrid.
É unha escritora ligada tamén ó teatro, e participou na Fundacón do Teatro Avento de Vigo.
Recibiu diversos premios, nos que destacan, o Premio Merlín en 1997, o Premio Xosé Neira Vilas en 2006 e o Premio Lueiro Rey no ano 2008.

An Alfaya.jpg







ANÍMOSVO A LELO!!!!

O trasno da Catedral de Santiago!

Algunha vez pesaches na existencia dos trasnos?



Os trasnos son uns seres moi moi moi diminutos e que nos fan bromas todo o rato. 
Din que so poucas persoas os poden ver pero que cando desaparece algunha cousa na túa casa ou no colexio é por culpa deles.  






Bueno, deixémonos de lerias, boute contar un segredo (pero que quede entre nós). Na catedral de Santiago vive un trasno que so o podes ver cando prodúcese un eclipse solar. Se non me cres, ti sabrás.. aquí deixote un libro onde explicarache todo.


O libro chamase "O trasno da Catedral de Santiago" é do ano 2004. A sua autora é Luisa Villar Liébana da editoral Ala Delta e con ilustracións de Kiko da Silva. O libro orixinal está en castelán pero foi traducido por Ánxela Gracián.


Luisa Villar Liébana naceu en Torredonjimeno e é licenciada en Filoloxia Hispanica. É moi coñecida polo seu seudonimo "A Dama do Ministerio da Literatura Infantil e Xuvenil" e escribiu mais de cincuenta libros, a maioría novelas policiacas e de detectives.


O libro ten como protagonista a Bartolo, que un día indo pola cidade encóntrase cun vello moribundo e entrégalle unha carta. O vello cóntalle todo a Bartolo pero este non o cree ata que vai a oficina e encontra todos os papeis, ahí empeza aventura do noso protagonista.

Se queres unha historia que che enganchará dende as primeiras páxinas.. ESTE É O TEU LIBRO!




viernes, 13 de mayo de 2016

Patente de Corso (pequeno Dicionario pirata)

O mundo pirata!
A todos os nenos encántanlles os piratas. Non é Así?
Hoxe imos falar dunha obra de Rafa Vilar chamada “Patente de Corso” (pequeño dicionario pirata) que gañou o Premio Arume de poesía 2011. Esta vez imos cambiar un pouco ás tornas, sempre estamos a falar de narrativa ou teatro, como obras principais para os nenos, pero a poesía é moi importante e temos que adentrar os nenos neste mundo.




Rafa Vilar é un escritor galego que destaca especialmente no eido da poesía. É licenciado en Filoloxía galego-portuguesa, integrou o Batallón Literario da Costa da Morte, traballou no servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, foi asesor lingüístico da Televisión de Galicia e ven desempeñando outras responsabilidades.
Comeza a ser coñecido gracias á obra “Liques da Memoria” có premio Fermín Bouza Brey para autores novos.

“Patente de Corso”
 Trátase dun álbum poético en forma de dicionario que mestura termos tradicionais cos utilizados no mundo da piratería.
Os primeiros poemas comenzan co abordaxe, a bandeira coa caveira, o barco,etc. Un sen fín de características que nos veñan a cabeza ao falar de piratas e das súas aventuras.






Descobre os poemas e invéntate o teu propio mundo pirata...