viernes, 6 de mayo de 2016

Boas noites de Paula Carballeira


Paula  Carballeira trae unha obra de literatura dramática fermosa, Boas noites, da editorial Xerais. Esta obra recibiu o I premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil en  2006.
Esta autora ten numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil en galego, moitos deles están traducidos a outros idiomas como o castelán, o catalán, o vasco, o inglés e incluso o coreano. 
Nesta obra de literatura dramática amosa os medos que tellen algunha vez os nenos pola noite e como existe unha persoa que lles axuda a superalos. 
Carballeira trata tamén o tema de que os nenos xa non teñen tempo de xogar, porque teñen que ir a escola, a clases de inglés, a baile, a música... Un tema que podemos comprobar na actual sociedade na que vivimos.
Na seguinte nube de palabras observaremos o poema que a protagonista desta bonita historia canta os nenos que teñen medo polas noites:

 Atréveste a ler esta historia e descubrir que medos teñen os nenos e as nenas pola noite?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.