domingo, 15 de mayo de 2016

UNHA RAÍÑA NEGRA



Danche medo o noxo as formigas? Sea cal sea a túa resposta tes que ler este libro!


Fina Casalderrey nos presenta a Xenxo, un rapaz enamorado das formigas. Gústanlle moitísimo e por eso non quere que ninguén as mate nin entende que a xente o queira facer. Por eso mesmo leva a unha das súas amigas formiga agochada no bus que leva a súa clase de excursión á Granxa, para que poda ser libre, xa que sobreviviu ao acontecido na súa habitación... digamos que non todo o mundo quere formigas pola súa casa. A historia de cómo é por qué chegou a súa amiga formiga ao seu bolsillo e está nese bus camiño á Granxa ten moito que contar... pais, profesores, mozas guapas da clase e moitas, moitísimas formigas...

Queres saber qué pasou? Pois corre e colle este libro!



Recomendo este libro a todos os nenos e nenas a partir de 9 anos, que queran pasar un rato moi agradable descubrindo a historia de Xenxo, un rapaz normal e corrente, que vai a escola, discute con os seus pais, xoga cos seus amigos... e ten un gusto moi particular coas formigas... seguro que o pasarás xenial!





Un pouco sobre a autora...


FINA CASALDERREY 


O seu nome é Xosefa Casalderrey Fraga, aínda que é coñecida como Fina.
Naceu en Xeve (Pontevedra), en 1951.

Estudou Maxisterio e exerce como maestra. Desfruta coa investigación etnográfica e ademais de escribir libros para rapaces, escribriu obras de teatro e tamén atreveuse coa cociña.

Recibiu moitos premios e distincións, entre eles o premio Merlín de Literatura Infantil, en 1991, por Dúas bágoas por Máquina, o premio Edebé de Literatura Infantil, en 1995 por O estanque dos parrulos pobres, o premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, en 1996, e o premio Cidade de Pontevedra, en 1996 pola totalidade da súa obra.


Ao terminar este podes ler máis libros de ela, seguro que non te arrepintes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.