miércoles, 11 de mayo de 2016

SMARA


Paula Carballeira Cabana é unha escritora, contacontos e actriz galega. Estudou Filoloxía Hispánica en Santiago de Compostela e actualmente adícase a escribir relatos infantís e xuvenís. Ademáis pertence á compañía teatral Berrobambán.

A pesar da súa corta idade, xa escribiu máis de 30 obras, pertencentes aos distintos xéneros literarios, dende poesía, narrativa… ata teatro. Desta maneira mostra a súa versatilidade e o  seu valor como escritora.

Se falamos de premios, non temos un oco baleiro, senón que tamén goza dalgún recoñecemento:

Unha das súas obras é SMARA (2006), onde conta coa colaboración de Carole Hénaff como ilustradora, quen consegue penetrarte no mundo do deserto ao empregar cálidas e envolventes ilustracións.

Smara consegue adentrarte no mundo saharauí a través das historias da Avoa Ugago. A avoa, na súa última noite esperando á morte, cóntalle ó noso protagonista todos os segredos do deserto, da cultura dos Fillos das Nubes, historias de medo do demo, historias fermosas das estrelas, historias do vello bisavó Ibrahim, etc.

A autora xoga na estrutura do libro coas historias dentro dunha historia. Os contos funcionan individualmente pero xuntos forman a fermosa historia de Smara.
¿Non queres coñecer as inesquecíbeis historias da Avoa Ugago? Rétote!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.