viernes, 6 de mayo de 2016

A lagoa das nenas mudas (Fina Casalderrey)







            

       Amina, una nena que ten que emigrar do seu país, Nixeria, ten a oportunidade de acceder á escola no seu novo lugar de residencia. Esta é a historia do que sucede neses primeiros tempos, da relación co profesorado, cos compañeiros e especialmente con Ío, unha pequena que ten problemas para comunicarse pero non para sentir e para achegarse a Amina, á que só Edu, o seu curmán, segue prendéndoa a aquel lugar de onde partiu. A partir deste fío, a autora fainos navegar a través da inmigración e o rexeitamento ante ela, ante todos os prexuízos de raza, de culturas, do descoñecido… E ante todo isto prevalecerá a amizade entre diferentes, a solidariedade e a reacción ante as inxustizas.
          Estes puntos de vista ante temas tan actuais percórreos rapidamente nunha breve extensión de sinxela lectura e léxico doado.
      Imprescindible en idades nas que non se poden obviar temas como a emigración, a exclusión social ou o maltrato, xa que preparan a futura sensibilidade en valores coma estes, xunto doutros coma o compañeirismo ou os comportamentos pacíficos e as actitudes positivas na aula.

         Unha obra recomendable a quen desexe mostrar unha nova perspectiva do mundo, loitando polo cambio, facendo deste un lugar mellor para convivir.
     Para rematar, aínda que fai mención a Flora Nwapa, a primeira africana que escribiu un libro en inglés, non puiden deixar de lembrar o caso de Malala Yousafzai, autora de frases como “un neno, un profesor, un lapis e un libro poden cambiar o mundo”, e aínda máis "A voz ten poder... non se trata de combater coa violencia senón coas palabras".
     Así ocorre en A lagoa das nenas mudas, onde os lectores aprenderán, a través das cartas que van e veñen, a través das palabras non pronunciadas de Ío, o que di a nai da protagonista:
"As linguas son as roupas que visten as palabras 
en cada lugar".



Animádevos a ler esta maravillosa obra que fará


 despertar en vos os sentimentos máis fermosos!!






Sobre a autora:

    Agradecerlle unha vez máis a Fina Casalderrey, xa mencionada con anterioridade neste Blog, a sensibilidade coa que trata temas coma estes e a delicada maneira de achegalos ós máis novos.

Autora ganadora de moitos premios e distincións, entre eles o premio Merlín de Literatura Infantil, en 1991, por Dúas bágoas por Máquina, o premio Edebé de Literatura Infantil, en 1995 por O estanque dos parrulos pobres, o premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, en 1996, e o premio Cidade de Pontevedra, en 1996 pola totalidade da súa obra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.