viernes, 13 de mayo de 2016

Patente de Corso (pequeno Dicionario pirata)

O mundo pirata!
A todos os nenos encántanlles os piratas. Non é Así?
Hoxe imos falar dunha obra de Rafa Vilar chamada “Patente de Corso” (pequeño dicionario pirata) que gañou o Premio Arume de poesía 2011. Esta vez imos cambiar un pouco ás tornas, sempre estamos a falar de narrativa ou teatro, como obras principais para os nenos, pero a poesía é moi importante e temos que adentrar os nenos neste mundo.




Rafa Vilar é un escritor galego que destaca especialmente no eido da poesía. É licenciado en Filoloxía galego-portuguesa, integrou o Batallón Literario da Costa da Morte, traballou no servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, foi asesor lingüístico da Televisión de Galicia e ven desempeñando outras responsabilidades.
Comeza a ser coñecido gracias á obra “Liques da Memoria” có premio Fermín Bouza Brey para autores novos.

“Patente de Corso”
 Trátase dun álbum poético en forma de dicionario que mestura termos tradicionais cos utilizados no mundo da piratería.
Os primeiros poemas comenzan co abordaxe, a bandeira coa caveira, o barco,etc. Un sen fín de características que nos veñan a cabeza ao falar de piratas e das súas aventuras.






Descobre os poemas e invéntate o teu propio mundo pirata...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.