domingo, 15 de mayo de 2016

GORDIÑO RECHEO - FINA CASALDERREY


Queres coñecer a Zoel e saber todo o que lle acontece durante a súa estancia no hospital?



Zoel é un neno algo gordecho e moi divertido que pasa uns días no hospital, xa que tivo un pequeno percance. Se les o libro, o protagonista contarache todo o que lle sucedeu.

Tamén poderás descubrir e ler as súas memorias esritas durante a súa estancia. A medida que pasa o tempo daraste conta do moito que se aburre, pero grazas a un libro moi divertido que leu sacará a conclusión se é un neno obeso ou non.


Gordiño recheo é unha obra escrita por Fina Casalderrey. No ano 2007 publícase a primeira edición, e a cuarta e última en 2014.

É un libro narrativo que dividese en 22 capítulos, onde o protagonista, Zoel conta todo o que lle vai acontacendo durante a estancia no hospital.


Esta lectura recomendase para nenos e nenas a partir dos 8 ata os 12.


FINA CASALDERREY


Xosefa Casalderrey Fraga naceu na provincicia de Pontevedra no ano 1951.Estudou maxisterio, e dende os 19 anos, exerce como mestra. Foi entonces cando se iniciou na creación literaria como autora e directora de varias pezas teatrais, que foron representadas polo seu alumnado.


Recibiu numerosos premios e distincións, entre eles:

  • Premio Merlín de Literatura Infantil en 1991 por Dúas bágoas por Máquina.

  • Premio Edebé de Literatura Infantil en 1995 por O estanque dos parrulos pobres.

  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996 e O Barco de Vapor en 1994 por O misterio dos fillos de Lúa.

  • Premio Cidade de Pontevedra en 1996 pola totalidade da súa obra.


QUERES SABER TODO O QUE LLE ACONTECE A ZOEL?

NON O VAS IMAXINAR!

 CORRE, LELO E CONTALLELO ÓS TEUS AMIGOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.