"Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey
Véxome na obriga de comezar o meu escrito matizando que son una recén chegada ó mundo da literatura xuvenil. Por outra parte, os escritos dirixidos a este sector tamén son moi novos, pois 30 anos non é un largo tempo de vida para un xénero literario.
Como crítica inexperta e
con pouco có que comparar, tentarei expresar unha opinión sobre “Ás de mosca
para Anxo”.
Esta obra é de Fina
Casalderrey, autora nacida en Pontevedra con moitos libros e moitos premios ás
súas espaldas. Indagando atopei entrevistas nas que confesa que escribiu o
libro coa forza e a carga vital que lle deron certos acontecementos ocorridos
na súa propia vida relacionados cós secuestros.
Con estes poucos, pero
prometedores datos, comecei a lectura do relato.
A historia empeza en plena acción e a medida que se vai avanzando na lectura
dáse un salto ó pasado recente , dende o que continúa linealmente a sucesión de
acontecementos ata o desenlace.
A protagonista é una nena
chamada Estrela, que é pura, inocente, para a que a mentira non existe; una
nena especial. Estrela chega a un novo colexio no que, tralas reticencias
propias dun grupo xa formado, acaba por se mergullar nel ata tal punto que se
converte en protagonista indiscutible non só do colexio, senón da vila enteira.
A protagonista é un
exemplo de superación, cada día é un reto para ela e cada día o supera, xerando
nese camiño cada vez máis amigos, máis cariño, máis paciencia ó seu arredor.
A historia é unha
historia bonita, emotiva, cargada de
valores; correcta. Cada persoa é especial, é un tema moi rico o que trata, e
sen embargo, a historia pasa por mín como un pano de seda: faime cóxegas pero demasiado cerca da superficie como para
degustalas. Na miña opinión poderíase haber afondado máis na historia. Por outra
parte, da súa simpleza tamén se extraen elementos positivos, pois a linguaxe
que utiliza é clara e directa, está plagada de diálogos e revela neles as
diferentes personalidades de cada personaxe.
Manexo a información de
que a escritora foi mestra durante moito tempo, e que ese feito influíu no
dominio que ten do ambiente escolar, dos comportamentos dos alumnos e dos pais,
e así se observa a medida que se avanza no libro.
Conclúo recomendado a lectura
da obra, dende ós mediadores coma ós alumnos. Pódese facilmente converter nunha
lectura amena que esperte os seus intereses para indagar máis datos e historias
da escritora Casalderrey.
Ola Lara! Son Miguel. ¿Pódesme dar o título do teu libro do CONTACONTOS? Grazas!
ResponderEliminar