viernes, 15 de mayo de 2015

Ás de mosca para Anxo. Lara



"Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey



Véxome na obriga de comezar o meu escrito matizando que son una recén chegada ó mundo da literatura xuvenil. Por outra parte, os escritos dirixidos a este sector tamén son moi novos, pois 30 anos non é un largo tempo de vida para un xénero literario.



Como crítica inexperta e con pouco có que comparar, tentarei expresar unha opinión sobre “Ás de mosca para Anxo”.
Esta obra é de Fina Casalderrey, autora nacida en Pontevedra con moitos libros e moitos premios ás súas espaldas. Indagando atopei entrevistas nas que confesa que escribiu o libro coa forza e a carga vital que lle deron certos acontecementos ocorridos na súa propia vida relacionados cós secuestros.
Con estes poucos, pero prometedores datos, comecei a lectura do relato.

A  historia empeza en plena acción  e a medida que se vai avanzando na lectura dáse un salto ó pasado recente , dende o que continúa linealmente a sucesión de acontecementos  ata o desenlace.
A protagonista é una nena chamada Estrela, que é pura, inocente, para a que a mentira non existe; una nena especial. Estrela chega a un novo colexio no que, tralas reticencias propias dun grupo xa formado, acaba por se mergullar nel ata tal punto que se converte en protagonista indiscutible non só do colexio, senón da vila enteira.
A protagonista é un exemplo de superación, cada día é un reto para ela e cada día o supera, xerando nese camiño cada vez máis amigos, máis cariño, máis paciencia ó seu arredor.
A historia é unha historia  bonita, emotiva, cargada de valores; correcta. Cada persoa é especial, é un tema moi rico o que trata, e sen embargo, a historia pasa por mín como un pano de seda: faime cóxegas pero  demasiado cerca da superficie como para degustalas. Na miña opinión poderíase haber afondado máis na historia. Por outra parte, da súa simpleza tamén se extraen elementos positivos, pois a linguaxe que utiliza é clara e directa, está plagada de diálogos e revela neles as diferentes personalidades de cada personaxe.

Manexo a información de que a escritora foi mestra durante moito tempo, e que ese feito influíu no dominio que ten do ambiente escolar, dos comportamentos dos alumnos e dos pais, e así se observa a medida que se avanza no libro.  

Conclúo recomendado a lectura da obra, dende ós mediadores coma ós alumnos. Pódese facilmente converter nunha lectura amena que esperte os seus intereses para indagar máis datos e historias da escritora Casalderrey.

1 comentario:

  1. Ola Lara! Son Miguel. ¿Pódesme dar o título do teu libro do CONTACONTOS? Grazas!

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.