martes, 12 de mayo de 2015

"A verdadeira historia do burro Feldespato"

Boas a todos e a todas:

O libro que propoño para que leades non é outro que o que aparece na imaxe inferior:


Nela vemos de novo o título do libro e máis o seu autor:"Xerardo Quintiá", un escritor nado en Lugo en 1970. Foi publicado pola Editorial Galaxia en 2002. Na imaxe anterior podemos apreciar tamén a ilustración, portada da obra, feita pola ilustradora Andrea López.
Na seguinte imaxe, como na maioría dos libros, aparece un breve resumo da obra e a idade recomendada para a súa lectura. Aínda que di a partir de nove anos, poderían ler o libro nenos de terceiro de primaria, é dicir, nenos de oito anos pois a linguaxe é sinxela como o son as ilustracións.




Agora os contarei un pouco de que trata o argumento para que os animedes a mercar o libro, que ten un coste inferior aos sete euros, un prezo bastante razoable tendo en conta que é un libro para nenos de primaria, polo que ten ilustracións en case cada todas as súas páxinas, ainda que sexan en branco e negro.

Feldespato é un burro que fuxe do seu antigo dono que lle deixaba sen comer durante días e días. Vai vivir entón a unha vila chamada Setelúas. Alí atopa fogar na casa dunha bruxa chamada Marica Pendella, fea coma un corvo pero moi xenerosa e con setecentos anos... Mais a bruxa Marica so desperta unha vez cada século. Feldespato está canso de esperar e decide ir polo mundo adiante...

E ata aquí podo ler, estimadas lectoras e prezados lectores. O resto é o voso traballo, coñecer a marabillosa historia do burro Feldespato e a súa dona, a a bruxa Marica Pendella.

Decir que tedes o libro na Biblioteca Central de Vigo. É outra forma de coñecer o final do libro e ademáis non supón ningun coste.

E para rematar adxunto un enlace onde podedes ler seis motivos polo que é bo ler porque ler e a fin de contas a mellor maneira de viaxar movendo soamente as mans. 


http://verne.elpais.com/verne/2015/05/05/articulo/1430838359_183888.html



Elías Antón Marcos




1 comentario:

  1. Ola Elías! Son Miguel. ¿Pódesme dar o título do teu libro do CONTACONTOS? Grazas!

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.