martes, 12 de mayo de 2015

AVISO IMPORTANTE!

Boas compañeiros e compañeiras.

Agora que captei a vosa atención quérovos propor unha actividade. 
Eu lin Os Megatoxos unha obra de Anxo Fariñas. Este libro causa moita controversia entre os mediadores, xa que pertence a unha saga de moito éxito pero que, aos nenos, normalmente, non lles gusta moito. A actividade que vos quero propoñer consiste en que leades o libro, para coñecer a vosa opinión, e ter outros puntos de vista diferentes ao meu.
A continuación gustaríame ofrecervos una información xeral do libro e do autor, e a miña opinión.
Como xa dixen, o autor é Anxo Fariñas. Naceu en 1977 en Vigo e é licenciado en Belas Artes. Aquí poderedes encontrar a súa páxina oficial, e se queres podería ir á vosa aula para que estivera cós alumnos e lles ensine como poden debuxar as súas personaxes favoritas.
Os Megatoxos é una saga de cinco libros, eu lin o primeiro: Os Megatoxos e o aprendiz de druída. Nela contase a historia de catro mozos (Ninfa, Faisca, Lúa e Ruxe), que teñen que compatibilizar as clases cunha dobre vida, na que teñen que viaxar polo tempo en busca dun toxo radioactivo. 

Considero que é unha lectura un pouco complicada para os nenos dos últimos cursos de primaria, seguramente lles custaría centrarse e prestar atención na trama, porque o principio é algo desconcertante, e desanimate a continuar a lectura.. Os temas que trata aínda que son interesantes non chaman moito a atención, xa que son os temas típicos dos libros infantís.
Gustaríame recalcar que esta é a miña opinión, e por iso quero que VÓS leades o libro para que poidamos discutir sobre se a fama que ten é merecida ou non.
Moitas grazas pola vosa a atención e espero que me axudedes nesta actividade.
Un bico Noelia

2 comentarios:

  1. Ola Noe! Son Miguel. ¿Pódesme dar o título do teu libro do CONTACONTOS? Grazas!

    ResponderEliminar
  2. claro, era o soño do osiño rosa, cho digo agora polo teléfono, biquiños :)

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.