Futuros Mestres e Mestras, como sabedes a escolla do meu libro foi: EU SON ADOPTADA da colección ¿E QUE?
O autor da obra é Xosé Antonio Neira Cruz, é de Santiago de Compostela (1968), Considérase un
dos autores de libros dirixidos ao público infantil e xuvenil máis relevantes do
panorama galego actual. O autor é Licenciado en Filoloxía italiana e en
Ciencias da Información.
En canto ao ilustrador da obra neste caso é Jokin
Mitxelena. Naceu en Guipuzcua no ano 1962.
En 1985 comeza a publicar as súas primeiras colaboración como ilustrador. Actualmente, colabora non só como ilustrador se non tamén como escritor con editoriais como: SM, Alfaguara, Baula, Edebé, Galaxia entre outras.
A temática da obra é a adopción, está dirixida a nenos de
oito anos en diante, xa que o vocabulario, a gramática e incluso o tipo de
letra no que está escrito o conto é axeitado para esa etapa.
Destacar que é unha obra que foi publicada no ano 2004, é
da editorial Galaxia e pertence a colección “¿E que?”
Con respecto ao
contido da obra dicir que encontrámonos cunha nena de orixe chinés chamada “Lu” que é a protagonista da obra.
Todo
comeza cando un bo día, a mestra pídelle como tarea que faga unha árbore xenealóxica, nese
momento a rapaza non sabe nin por onde empezar, porque ¿A que familia terá que
por Lu?, ¿Cantos circuliños terá que por a nena para que lle entren as dúas
familias? ¿Cal foi o motivo que empurrou os seus pais adoptivos para adoptala?
¿A súa familia será estrana? ¿Gustaralle a súa profe e os seus compañeiros a súa árbore xenealóxica?
Se queres saber a
resposta a todas estas preguntas, XA SABES O QUE TES QUE FACER! MERCA O LIBRO E
SAIRÁS DE DÚBIDAS!
Deixovos unha ligazón para que poidades mercar o libro online, ou tamén o podedes encontrar no FNAC por 6.35 Euros.
-

Ola Andrea! Son Miguel. ¿Pódesme dar o título do teu libro do CONTACONTOS? Grazas!
ResponderEliminar