jueves, 14 de mayo de 2015

Sempre Hausa

Bos días amiguiños e amiguiñas!!!



Como vos vai? Seguro que moi estresados cos exames non? Pero tranquilos, que ao rematar xa teredes moito tempo para relaxarvos. E que mellor forma de facelo que lendo un pouquiño?



O libro que eu vos propoño, como ben sabedes, é  Sempre Hausa de Xoán Babarro . 



Este autor naceu no pobo ourensán de Calvelo de Maceda en 1947. É Catedrático de Lingua e Literatura e destaca pola súa produción destinada aos máis pequenos na que, ademáis, ofrece unha ollada solidaria sobre a realidade que viven os nenos dos lugares máis desfavorecidos, como é o caso da obra que aquí vos presento. Non só escribe narrativa, pois tamén publica poesía e teatro, e gañou premios tan destacados como O Facho de Teatro en 1987 ou O Barco de Vapor nas edicións de 1985 e 1989.





Sempre Hausa narra a historia de Abdulahi, un neno africano que se ve obrigado a abandoar a súa familia e o seu pobo para buscar un futuro mellor. A través de Abdulahi,  e das experiencias que el vive ao longo da súa viaxe, poderedes transportarvos ata África e coñecer así a cultura e o estilo de vida que alí teñen. Ademáis, descubriredes que un neno africano non precisa riquezas materiais para ser feliz, pois abóndalle con estar coa súa familia e seguir as costumes e tradicións do seu podo.



Este libro está destinado a nenos do 3º ciclo de Ed. Primaria e considero que é interesante lelo porque, a través desta obra, poderán adentrarse na vida de Abdulahi e coñecer cómo é a vida dun neno africano, descubrindo que, tal como lle pasa a este rapaz, para conseguir os nosos soños nunca debemos perder a ilusión.



E non vos gustaría saber cal era o soño de Abdulahi e como remata a súa historia?



Pois xa sabedes futuros mestres, animádevos a ler esta obra e non vos arrepentiredes de facelo!!



Biquiños para todos, Albiña. 


1 comentario:

  1. Ola Alba! Son Miguel. ¿Pódesme dar o título do teu libro do CONTACONTOS? Grazas!

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.